Archivo para Baile tradicional

Gala espectacular para “ser patrimonio”

mar 30, 2015 Sen Comentarios

Os 40 mozos e mozas de Xacarandaina brillaron de novo, co seu vestiario exquisito, na gala para mostrar a riqueza do baile e da música tradicional de Galicia. A actuación foi unha viaxe polas zonas máis ricas en conservación de cancións e coreografías; un repaso polas pezas típicas, explicadas con datos históricos, de cando entraron en […]

Ler máis

Longa noite de foliada en Cerqueda

mar 23, 2015 Sen Comentarios

A cita anual para os foliadeiros en Cerqueda superou nesta ocasión as previsións da organización, con máis de 20 grupos no cartaz para a noite do sábado. E o serán foi longo, ata altas horas. Empezaron os máis pequenos coa Foliadiña, a media tarde, e as Pandereteiras de Raigañas, as que promoven a ruada cada […]

Ler máis

Foliada improvisada en Bergantiños

feb 09, 2015 Sen Comentarios

Neste pequeno vídeo percíbese a forza das bailadoras e tocadores de Bergantiños, nunha noite improvisada de foliada. Son mestres e alumnos das Escolas Raigañas, de Cerqueda, e Malante, de Malpica, disfrutando nun fin de semana calquera nos que se xuntan para tocar. (Portada do disco ‘Baila que podes bailar’)

Ler máis

A elegancia dun traxe de Santiago con esencia do XIX

jul 22, 2014 Sen Comentarios

Andrea Noya, unha estudiante de Santiago á que lle encanta coser dende os nove anos, confeccionou e adornou minuciosamente este traxe de cerimonia, típico de Compostela do século XIX, e con el acaba de ganar o primeiro premio do Certame de Traxes Tradicionais que se celebrou o pasado domingo na capital galega. Empezou a facelo, guiada […]

Ler máis

O Fiadeiro desprende calidade no serán de fin de curso

jun 29, 2014 Sen Comentarios

Todos os grupos da asociación mostraron o aprendido ao longo do curso pola tarde e, xa de noite, con barra de bebidas varias e pinchos de tortilla e empanada, alumnos, amigos e visitantes de toda Galicia bailaron improvisadamente no salón da Asociación de Veciños de Cabral (Vigo). O XV Serán de O Fiadeiro, gala típica […]

Ler máis

Muiñeiras no Obelisco e no Parque de Santa Margarita

jun 16, 2014 Sen Comentarios

Alumnos de todas as idades da Asociación Cultural Xacarandaina de A Coruña saíron a bailar ás rúas do centro de A Coruña na primeira fin de semana de xuño para celebrar o seu particular Día da Muiñeira e o fin de curso, todo enmarcado na Romería de Lecer que organiza cada entrada de verán esta […]

Ler máis