*/ ?>

A primeira ‘ópera folk’, de Luar na Lubre, estreouse con máis de 100 músicos

Jun 24, 2014 Sen Comentarios por

A primeira ópera folk, creada e interpretada por Luar na Lubre, a banda galega de música celta por excelencia que continúa no primeiro plano da música galega dende 1986, estreouse xusto antes de San Xoán precisamente no Palacio da Ópera de A Coruña. Foron dous días de representación de ‘Torre de Breoghán’, unha megaproducción audiovisual, cun espectáculo de máis de 15.000 vatios de son e 130.000 de iluminación, e con 100 músicos tocando para evocar a lenda da invasión de Irlanda. Terra, lume, aire e auga teñen o seu papel na interpretación da banda dirixida por Bieito Romero nesta ocasión en comunión coa Orquesta Sinfónica de Galicia. Nas imaxes aparecen dende exércitos de loitadores ata monstruos mariños e tormentas, todo para explicar as invasións que sufriu Irlanda, entre elas, a dos milesios, que partiron da cidade herculina rumbo a Eire. Baixo a dirección de Jorge Coira, a ollada do poeta Xabier Cordal e a escenografía de Franc Aleu, o concerto con imaxes e son extra que a banda interpretará por España e Europa terá o seu propio CD e DVD. (Foto: Luar na Lubre)

Sin categoría

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “A primeira ‘ópera folk’, de Luar na Lubre, estreouse con máis de 100 músicos”

Deixar unha resposta