*/ ?>

Marful leva os seus ritmos globais a Agolada

Jul 04, 2014 Sen Comentarios por

Dende flamenco a jazz, música italiana pero tamén music hall. O grupo Marful, coa inconfundible voz da artista galega Ugía Pedreira, leva os seus ritmos étnicos, globais e sedutores esta noite á mostra Corazón de Artesanía e do Deseño de Agolada (Pontevedra). Será o III Encontro de Artesanía Tradicional nos Pendellos de Agolada, cuns 50 artesáns galegos que mostrarán máis de 20 oficios tradicionais, desde oleiría, ata xoiería, téxtil ou cestería. Caracterizado por unha estética retro e contemporánea, e por escoller lugares emblemáticos e singulares da xeografía galega para as súas actuacións, a banda da voz de Chouteira e de Nordestinas, actuará no concello da provincia de Pontevedra. Tal e como anunciou A Central Folque, será unha das últimas actuacións de Marful; logo da etapa estival Ugía Pedreira tomará un descanso por tempo indefinido. (Foto: A Central Folque)

Fol de Folk

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Marful leva os seus ritmos globais a Agolada”

Deixar unha resposta