*/ ?>

Muxarega no foso do Castelo de Vimianzo

Jul 04, 2014 1 Comentario por

Logo das mostras de onte na rúa da Asociación Cultural Trubisquiña de Vimianzo, vila coruñesa que leva uns días xa quentando motores cos pichos irmandiños e actividades culturais para o día grande do Asalto ao Castelo, que será mañá, hoxe abrirá a fin de semana de concertos Muxarega. Logo da cea medieval, a banda de As Pontes que fai música folk a partir de pezas tradicionais actuará no Foso do Castelo, o escenario protagonista desta festa que recrea o asalto ao castelo no século XV, simbolizando as revoltas populares contra os señores feudais. Mañá será o día grande, co acordeonista vasco Kepa Junquera e a gaiteira galega Susana Seivane. Tamén se estreará, para empezar a noite, a nova formación Samarúas, e xa no final, logo da formación de Kepa e da banda de Seivane, cerrará a velada nocturna irmandiña Muyayo Rif, cun estilo punk-ska-reggae. (Foto: Muxarega.blogspot)

Sin categoría

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Unha Resposta to “Muxarega no foso do Castelo de Vimianzo”

  1. Irmandiños, queimadas, artesanía e moita música says:

    […] Festa da Lumeirada no río Deva, co festival de tarde de Xirandiña e pola noite será a quenda de Muxarega e A Requinta da Laxeira. En Redondela, debaixo da ponte, celébrase o VI Serán de Rande, coas […]

Deixar unha resposta