*/ ?>

Noite folk no Castelo de Vimianzo

Jul 05, 2014 Sen Comentarios por

A noite da recreación do Asalto ao Castelo de Vimianzo é moi especial, con lume e xente vestida de época, de irmandiños, para representar as revoltas do século XV contra os señores feudais. Ese día é hoxe e haberá moito folk. Logo do debut de Samarúas ás dez, será o asalto. Kepa Junquera, á unha da mañá, levará o seu último traballo ‘Galiza’, que realizou con músicos galegos, ao escenario vimiancés. Susana Seivane continuará a noite do Asalto ao Castelo. Precisamente, a gaiteira galega tamén participa no traballo dedicado a Galicia de Kepa Junquera, tocando ‘Galizako Muiñeirak/Trikitixa Marxa’. (Foto: www.paxinasgalegas.es)

Boa noite a todos irmandiños!!!!

Soará tal que así:

 

 

 

 

 

Sin categoría

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Noite folk no Castelo de Vimianzo”

Deixar unha resposta