*/ ?>

Cristina Pato no campamento musical de San Simón

Jul 09, 2014 Sen Comentarios por

Os alumnos practican neste campamento de verán, en plena Illa de San Simón, en Vigo, corda e percusión, dende violín a pandeireta e pandeiro. A gaiteira Cristina Pato visitará hoxe aos alumnos deste verán do Galicia Fiddle, organizado coa Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (E-Trad) e que leva este nome polo violín con estilo folk ou música popular, tradicional ou étnica, como teñen varios grupos galegos. Cristina Pato actuou o pasado 24 de xuño na Praza Maior de Ourense, nun concerto para celebrar na súa cidade natal os XV anos de carreira musical. Esta fin de semana, de 12 e 13 de xullo, estará na XVII Feira do Viño de Valdeorras, logo de impartir hoxe aos estudiantes no Galicia Fiddle unha clase maxistral, como música e docente. (Fotos: Alfonso Aydillo e galiciafiddle.com)

fiddle1

Fol de Folk

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Cristina Pato no campamento musical de San Simón”

Deixar unha resposta