*/ ?>

Ortigueira, Lorient e Glasgow, as tres ‘mecas’ do folk

Jul 18, 2014 Sen Comentarios por

¿É o festival de música folk máis importante? Pois está entre os tres mellores. Ortigueira, que colleu forza en 1978 e en 2005 foi declarado Festa de Interese Turístico Internacional, é unha das tres mecas da música celta, xunto co Intercéltico de Lorient, na Bretaña francesa, e o Celtic Connections de Glasgow, en Escocia. O propio Intercéltico de Lorient enumera as rexións con lazos do pasado e tradición musical vinculada: Escocia, País de Gales, Cornualles, Illa de Man, Irlanda, Galicia e Asturias, tal e como retrata a organización do festival francés, con máis de 40 anos de historia.

Intercéltico de Lorient

Será do 1 ao 10 de agosto e para esta edición número 44º están confirmados seis grupos galegos, que representarán a Galicia neste festival universal:

Óscar Ibáñez (gaiteiro)

Cuarteto Caramuxo

Bellón&Maceiras

Asociación Donaire

Banda de Gaitas de Melide

Banda de Gaitas Foula

Celtic Connections de Glasgow

Son 18 días de concertos nesta cidade escocesa e soe celebrarse na segunda quincena do mes de xaneiro. É multitudinario e están representadas todas as rexións consideradas de tradición ‘celta’.

ORTIGUEIRA:

Galicia vive estes días a súa cita folk por excelencia. Hoxe será o turno da Escola de Gaitas de Ortigueira, coa primeira banda de gaitas de Galicia creada hai máis de 30 anos e impulsora do actual festival, Milladoiro, que curiosamente naceu coa primeira edición do festival en 1978, a Dominic Graham School of irish dance (Irlanda), con máis de 35 persoas no escenario entre bailaríns e músicos, Moxie (Irlanda), que combina música tradicional irlandesa con novos sons, e os vascos Ruaille Buaille, que tamén pisaron o escenario do Runas e partindo do folk incorporan batería e baixo e tocan tamén outros estilos.

Folk Internacional

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Ortigueira, Lorient e Glasgow, as tres ‘mecas’ do folk”

Deixar unha resposta