*/ ?>

Paddy Moloney e a súa ‘uillean pipe’ de novo en Galicia

Jul 19, 2014 Sen Comentarios por

Foi en 2004 cando a mítica banda irlandesa, referencia da música folk por excelencia, actuou en Ortigueira na súa visita a Galicia. Hoxe, dez anos despois, volve a ser o grupo estrela da principal noite do Festival do Mundo Celta. A gaita irlandesa (‘uillean pipe’) de Paddy Moloney, o fundador da banda en 1963, é o reclamo para miles de devotos da festa de Ortegal que esperan en exclusiva a actuación dos irlandeses. Paddy é natural de Donneycarney, ao norte de Dublín, e o primeiro instrumento que tivo foi unha tin whistle de plástico. Aos oito anos empezou coa gaita irlandesa. Inda que traballou noutras cousas nunca deixou a música ata que conseguiu crear a melodía ou o son irlandés típico de The Chieftains, corenta anos atrás.

Folk Internacional

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Paddy Moloney e a súa ‘uillean pipe’ de novo en Galicia”

Deixar unha resposta