*/ ?>

Conta atrás para o festival de Lorient

Jul 31, 2014 Sen Comentarios por

Os grupos galegos que participarán en Lorient emprenden camiño cara a Bretaña Francesa, cara a meca dos festivais do mundo celta. Serán dez días de desfiles, actuacións en teatros, palcos e rúas nesta 44º edición desta festa da música folk e da tradición. Cuarteto Caramuxo, o sexteto de Vigo coa súa particular reinterpretación da música galega con melodías de clarinetes, acordeón e percusión, tocará o luns no Palais Des Congrès e o venres no Grand Téâthre e interpretarán temas novos como A Bruxa, O crime, Amin ou Muiñeira de Klezmer. Tamén o gaiteiro pontevedrés Óscar Ibáñez, outro dos elexidos para formar parte da delegación galega e que xa estivo en varias ocasións no capítulo de gaiteiros solistas, tocará temas do seu novo disco Alén do Mar. A Asociación Cultural Donaire de A Coruña levará a parte máis tradicional cos seus bailes, así como as bandas de gaitas de Melide e Foula. Bellon&Maceiras, virtuosos da gaita e do acordeón, deixarán tamén en Francia a súa técnica.

O propio Intercéltico de Lorient enumera as rexións con lazos do pasado e tradición musical vinculada: Escocia, País de Gales, Cornualles, Illa de Man, Irlanda, Galicia e Asturias, tal e como retrata a organización do festival francés, con máis de 40 anos de historia.

Delegación galega

Será do 1 ao 10 de agosto e para esta edición número 44º están confirmados seis grupos galegos, que representarán a Galicia neste festival universal:

Óscar Ibáñez (gaiteiro)

Cuarteto Caramuxo

Bellón&Maceiras

Asociación Donaire

Banda de Gaitas de Melide

Banda de Gaitas Foula

Sin categoría

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Conta atrás para o festival de Lorient”

Deixar unha resposta