*/ ?>

Fin de semana de dous grandes: Pardiñas e Zas

Aug 01, 2014 Comments Off on Fin de semana de dous grandes: Pardiñas e Zas por

Agosto, coma tódolos anos, empeza forte, con dous dos principais festivais do verán: Pardiñas e Zas. O Festival de Guitiriz, que se celebra dende 1980 organizado pola Asociación Cultural Xérmolos, terá dende talleres de batukada a Cantos de Taberna, hoxe para quentar motores. Xa na xornada do sábado estarán Radio Cos, coa súa mestura de música tradicional con ritmos doutros países, o funk arxelino de Yacine and the Oriental Groove, os sonidos latinos de Eléctric Gozarela e Trapallada. Xa o domingo, actuarán uns bailaríns de Oxford e a noite será para A Quenlla, Niamh ni Charra (Irlanda) os Guanchos de Arxentina e o rock bravú dos Diplomáticos de Monte Alto. Na Carballeira de Zas, na súa edición nºXXXI, tamén se prevé unha festa potente. Empezará esta noite cos pasarrúas de O Pichote da Gandaina, a actuación de Radio Cos e Saldos Negativos. Xa na noite de mañá, día principal, estará o espectáculo de Budiño, o estadounidense John Whelan, Calm Keikki de Irlanda e Riobo de Galicia.

10450602_10152631544589363_5241097493528827256_n

Festifolk

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Os comentarios están pechados.