Cruce de culturas e sons de Malante en Montignac

ago 04, 2014 Sen Comentarios por

Con compañeiros de Gabón, Estados Unidos, Xapón ou Cuba, a banda de gaitas Malante de Malpica regresa de Aquitania logo de actuar durante unha semana no Festival de Danzas e Músicas do Mundo de Montignac. “Foi unha experiencia única e especial”, comentan os máis de vinte mozos e mozas que conforman a banda, con pezas tradicionais e arranxos de autor. Compartiron escenario con ritmos do mundo, que derivou nunha mestura de culturas e sons máis que enriquecedora para a formación de Bergantiños. Dirixidos por músicos cubanos, incluso ensaiaron e interpretaron cos artistas de tódolos países participantes no Cultura Aux Coeurs o Himno da Alegría, cos instrumentos máis diversos. En terras francesas, representando a España, quedaron as melodías tradicionais de Malante para públicos de distintas nacións.

Folk Internacional

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.
Sen Respostas a “Cruce de culturas e sons de Malante en Montignac”

Deixar unha resposta