*/ ?>

Cuarteto Caramuxo: “En Lorient houbo público que asistiu dúas veces aos nosos concertos”

Aug 15, 2014 Sen Comentarios por

“Foi unha experiencia fantástica, unha das cousas que máis nos chamou a atención foi o público bretón, tan respetuoso e con ese silencio. De feito, houbo xente que repetiu e asistiu aos dous concertos que tivemos no festival”. De volta do maior encontro de música folk, o Intercéltico de Lorient, os grupos fan reconto e gardan recordos fotográficos e audiosvisuais da experiencia. Atrás quedan moitos contactos, emocións no escenario, noites de troula e lazos celtas compartidos. Desde o gran escenario ao aire libre, muelle de Bretaña, ata os concertos máis exclusivos en teatro, como foi o caso de Cuarteto Caramuxo, os músicos galegos destacan a experiencia dun “público impresionante”, adaptado aos estilos. Fernando Abreu, de Cuarteto Caramuxo, quedou sorprendido de que tanta xente pagara entrada para os seus concertos no Palacio de Congresos e no Gran Teatro, e algún deles incluso dúas veces. “O organizador da Delegación Galega, Pablo Seoane, soubo entender perfectamente onde ubicarnos. Para nós tocar en teatro foi estupendo”, expresa Abreu, convencido de que o estilo do Cuarteto Caramuxo, cos seus clarinetes, acordeón e percusión para esa particular reinterpretacion da música popular gustou en Lorient. Conta Fernando que Bretaña está máis que acostumada a todo tipo de fusións musicais, “inda asi, o noso estilo sorprendeu e que te valoren e se entenda a música que facemos é moi gratificante”. Para Cuarteto Caramuxo era a súa primeira actuación fóra de Galicia e Portugal. Máis de 20.000 persoas poboaron as rúas de Lorient cada un dos dez días do festival. “Levan 44 anos de Intercéltico e iso nótase”, engade Abreu. Profesores de Conservatorio e de Secundaria e ante todo amigos, cun premio María Casares no currículo, Cuareto Caramuxo aporta ese toque jazzístico cunha base de melodía tradicional e ao mesmo tempo fan unha particular posta en escena, con aires teatrais. Fotos: David Ramos

photo1 (14)

Folk Internacional

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Cuarteto Caramuxo: “En Lorient houbo público que asistiu dúas veces aos nosos concertos””

Deixar unha resposta