*/ ?>

Aires de despedida de trece anos de Marful

Aug 18, 2014 Sen Comentarios por

“Neste tempo de caos, o que nos queda é bailar”, expresou Ugía Pedreira, no medio da súa interpretación exquisita. As melodías cubanas, brasileiras, portuguesas e as notas de jazz ou music hall do grupo que trouxo unha estética vintage na posta en escena encheron a noite de Redondela nunha fin de semana repleta de festas en cada recuncho do mapa galaico. Foi o seu penúltimo concerto. Só queda un para que a artista da Mariña Lucense pare durante un tempo indefinido tras moitos anos no escenario, dende Chouteira ata Nordestinas, dende o Conservatorio de Música Tradicional de Lalín ata a Central Folque sen esquecer Marful. Pedreira cantou “De Vigo Vuelvo a Lugo voy”, a súa particular visión de “Yo te daré”, esa de “Desexaba de te ver 30 días ao mes” ou “Só porque non ven quen tanto eu quería”. Fixo un emotivo percorrido por temas xa clásicos de Marful como Leverelem, Tris-tras, Je suis comme je suis ou María Ninguém e tamén se atreveu cos poemas en galego de Lorca. Acompañada por Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual, Marful volveu a brillar na noite redondelana, que rematou cun intenso aplauso dun público de pé ao unísono para despedir a Pedreira.

Sin categoría

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Aires de despedida de trece anos de Marful”

Deixar unha resposta