*/ ?>

Que se vexa a riqueza do baile galego

Aug 30, 2014 Sen Comentarios por

Demostrar a elegancia do baile galego, a esencia e a riqueza da cultura tradicional e toda a investigación etnográfica que hai detrás, labor de anos e anos de recollidas, é un dos retos da xira de espectáculos Danza 3, que ten como protagonistas ás tres grandes asociacións de baile de Galicia, pioneiras neste traballo de investigar e difundir a tradición: Xacarandaina (A Coruña), Cantigas e Agarimos (Santiago) e O Fiadeiro (Vigo). Hoxe é o turno de Cantigas e Agarimos, na Praza Rafael Dieste de Rianxo, ás oito e media da tarde, e de Xacarandaina, nesta ocasión, en Sada. Trátase de ensinar ao mundo a forza e a enerxía das pezas, o coidado e a beleza dos traxes e, no fondo, a arte e a emoción que desprenden os bailaríns e os tocadores galegos. O Fiadeiro estivo o pasado día 17 en Celanova, e Xaca o pasado sábado 23 en Noia e o domingo en Xove. Con espectáculos moi coidados, fiando con sobrada mestría pezas clave do seu repertorio, XOC (as siglas das tres asociacións impulsoras da proposta conxunta) pretende que a UNESCO se fixe na tradición galega para conseguir a declaración do baile de Galicia como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. En total serán nove espectáculos na rúa, ata o mes de outubro, tres para cada un. Adiante bailadores! Forza! Foto: Xaca

Sin categoría

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Que se vexa a riqueza do baile galego”

Deixar unha resposta