*/ ?>

Berrogüetto, Premio da Crítica 2014

Oct 15, 2014 Sen Comentarios por

Nunha gala celebrada esta fin de semana no Pazo dos Escudos de Vigo, Berrogüetto foi elexido polo xurado dos Premios da Crítica como mellor grupo de Galicia. A formación musical, fundada nos 90, levou o premio que destaca a actividade cultural da comunidade, neste caso, no apartado musical. Anxo Pintos, un dos fundadores do grupo que recentemente dixo adéus con varios concertos nas cidades galegas, recolleu a figura de Sargadelos como galardón. Deixan cinco discos e moitas melodías que xa forman parte do imaxinario do país. (Foto de Manuel Blanco)

Fol de Folk

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Berrogüetto, Premio da Crítica 2014”

Deixar unha resposta