*/ ?>

Ibáñez, músicas de ida e volta

Oct 28, 2014 Sen Comentarios por

O gaiteiro pontevedrés Óscar Ibáñez invita nos seus concertos a unha viaxe de Galicia a América a través de melodías de ida e volta. Co seu traballo ‘Alén do Mar’ fai un percorrido dende pezas galegas do Padre Feijóo ata Venezuela, indagando no merengue, ritmos de Irlanda, habaneras de Cuba, valses, sons do Brasil…Investigación e fusión, mergullándose nese pasado da emigración galega a un e a outro lado do océano, están presentes no traballo de Óscar Ibáñez&Tribo, gaiteiro e frautista de Poio, mestre en Educación musical, especialista universitario en Música Tradicional Galega e tamén co título de grao profesional LOE na especialidade de gaita galega. A posta en escea de presentación do disco, xunto aos músicos Harry Price (violín), Fernando Fraga (acordeón), Carlos Calviño (guitarra), Paco Dicenta (baixo) e Andrés Vilán (percusión), leva a unha travesía que o propio Ibáñez conduce con enerxía, combinando o exquisito dominio da gaita, con baile e incluso agrús. Nesta ocasión, no auditorio Helios de Bembrive (Vigo), invitou á banda de gaitas local Charamuscas e ao grupo Can de Palleiro a tocar no escenario. As músicas de Galicia e América interpretadas polo gaiteiro pontevedrés, que empezou a tocar co grupo Treboada de Poio e a agrupación Celme, son o resultado das súas viaxes por máis de 30 países.

Fol de Folk

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Ibáñez, músicas de ida e volta”

Deixar unha resposta