*/ ?>

De Davide Salvado a Caxade e A Cada Canto nos premios Martín Códax

Nov 27, 2014 Sen Comentarios por

Dende ‘O Ladrón de Amorodos’ da carismática voz de Davide Salvado ata o novidoso traballo do acordeonista Caxade, ‘A Danza das Moscas’, están presentes entre os 54 finalistas dos II Premios Martín Códax da Música de Galicia. Entre as numerosas categorías dos galardóns, que organiza a Asociación Músicos ao Vivo e se entregarán nunha gala no Pazo da Cultura de Pontevedra o 17 de decembro, a Música tradicional e o Folk teñen un espazo propio, así coma a Canción de autor. No apartado de Música tradicional, Salvado resultou finalista xunto a Treixadura, o coro de voces tradicionais masculinas con instrumentación plasmado en álbumes coma ‘Esa si que é muiñada’, e as Malvela, as  populares cantareiras de Mos, con temas moi coñecidos como ‘Pirimpimpim’ e traballos como ‘Da miña xanela á túa’. Na categoría ‘Folk ou Folque‘ saíron elixidos Vaamonde, Lamas e Romero, con traballos como ‘O Tambor de Prata’, Caxade, dende hai un tempo xa en solitario, e Cuarteto Caramuxo, o sexteto de clarinetistas con orixinais arreglos que se ubican no jazz e lembran por veces ao tradicional. A Cada Canto, o traballo de Guillermo Fernández, Guadi Galego, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero, chega á final na sección de Canción de Autor e o programa radiofónico de Díaz e Fernández, ‘Tres peixes voando’, tamén é candidato no apartado de Espazos de Comunicación Musical. Na foto: os 54 finalistas onte nas adegas Martín Códax. Imaxe: Consellería de Cultura

Fol de Folk

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “De Davide Salvado a Caxade e A Cada Canto nos premios Martín Códax”

Deixar unha resposta