*/ ?>

O Festival de Ortigueira, Premio da Cultura 2014

Dec 10, 2014 Sen Comentarios por

Por ser a “festa de referencia do folk” nas últimas tres décadas, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira recibe hoxe o Premio da Cultura Galega 2014 na categoría de Música. Compartirá galardón co escritor Xosé Neira Vilas, na categoría de Letras, coa Galería Trinta, en Artes Plásticas, Cándido Pazó (Artes Escénicas), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), co Grupo Marcelo Macías (Patrimonio Cultural), co profesor David Mackenzie en Lingua ou co Centro Pen Galicia (Promoción Exterior). Será nunha gala na Cidade da Cultura, xusto no día no que se cumpren 100 anos da recuperación das cantigas de Martín Códax, na que actuará Uxía Senlle (con Sergio Tannus e Santi Cribeiro), Nani García Trío e alumnado da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) e do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo. Dende o nacemento no ano 1978, o festival pasou por varias fases e foise abrindo cada vez máis ás músicas de raíz de todo o mundo, sendo declarado no 2005 de Interese Turístico Internacional.

Un ‘Pulido’ da colección ‘Kermesse’

Cada un dos gañadores recibirá unha obra exclusiva do pintor ourensán Antón Pulido, da serie ‘Kermesse’, colorista e vital, cunha atmósfera festiva da existencia.

 Máis sobre o festival de Ortigueira deste ano

Folk Internacional

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “O Festival de Ortigueira, Premio da Cultura 2014”

Deixar unha resposta