Vellos gaiteiros no Carnaval do Morrazo

feb 19, 2015 Sen Comentarios por

De Vilanova a Donón e dende Hío a Nerga o Entroido típico de O Morrazo non defraudou, pese á choiva dos primeiros días. O martes, unha das xornadas onde os grupos de gaitas tocando de pasarrúas e nos palcos teñen maior presenza, o sol deixouse ver e tivo lugar unha xuntanza especial: dous gaiteiros xa xubilados que se uniron para tocar no Palco de Nerga logo de 40 anos separados, a maioría deles embarcados. Anxo Gago e Manuel Sotelo, compañeiros de ensaios da infancia, lograron subir ao palco no que querían tocar dende a súa mocidade, e para recoller o momento un equipo de GZ Música estivo presente para filmar un documental. Acompañados por Feliciano Otero e O Peix, ao tamboril e ao bombo, conseguiron tocar non sen nervios e con poucos ensaios, pero si con moito afecto por parte do público, acostumbrado nos últimos tempos á troula máxima na rúa. Recordaban que anos atrás as actuacións dos gaiteiros que subían ao palco vivíanse como unha exposición da música de cada un, con maior tranquilidade e observación. Pese aos cambios na maneira de vivir o Entroido, a súa experiencia quedou plasmada e filmada no carnaval máis gaiteiro. Unha pequena mostra:

Actuacións

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.
Sen Respostas a “Vellos gaiteiros no Carnaval do Morrazo”

Deixar unha resposta