*/ ?>

As pequenas cantareiras deslumbraron en Arteixo

Apr 15, 2015 Sen Comentarios por

xira1grandeAfinan, marcan toques de pandeireta e pandeira e cantan en grupo con enorme facilidade… A  Asociación Cultural Xiradela de Arteixo celebrou o seu concurso de cantareiras e cantareiros, como cada ano cando entra a primavera. Nesta ocasión foi o número XVI. Os grupos, de todos os recunchos de Galicia, e formados por pequenas intérpretes e tamén maiores, deslumbraron de novo pola calidade, a autenticidade das pezas e tamén polo exquisito vestiario, que recorda a distintos puntos da comunidade. As categorías van dende ata 10 anos a máis de 18 e levaron premios formacións como Soalleira, as Laretas e as Meniñas de Tarambainas, Pipiriteiras e Tarabeliños de Donaire, as Lagharteiras, Afoutos de Os Muiños de Oliveira, así coma grupos de Cantigas e Agarimos de Santiago e de O Fiadeiro de Vigo, entroutros. De trofeos, barro de Buño (Bergantiños) en forma de donas e de pandeiretas.

Baile tradicional

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “As pequenas cantareiras deslumbraron en Arteixo”

Deixar unha resposta