*/ ?>

SeisPorOito entre os 10 elexidos para o Festigal

Apr 23, 2015 Sen Comentarios por

O grupo SeisPorOito, que reinterpreta a música tradicional cunha “visión persoal e actualizada”, é unha das 10 formacións elexidas pola organización do Festigal para participar no seu concurso ‘Novos Valores’. Entran nun proceso de selección no que teñen a oportunidade de tocar, cos grandes, na noite do 24 de xullo en Compostela. “É unha boa nova pero hai que chegar á final e niso estamos”, conta Bea Mariño, unha das compoñentes da banda de A Coruña, Betanzos e Sada. Proceden de formación tradicional, de feito moitos dan clases, pero tamén do rock e do jazz.

Nas súas pezas, ademáis de cancións galegas, introducen músicas con aires da Bretaña Francesa. Formado por Mariño (voz e percusión), Ismael García (gaitas), Arón Ulloa (batería), Cristina Sánchez (clarinete e voz), Tony de Lamas (acordeón) e Tonecho Castelos (bouzouki), o grupo ensaia nos locais do Concello de Betanzos e traballan nas cancións para o seu primeiro disco, con títulos como ‘Da rumba skapo’, ‘Roots 3,14’, ‘Serán dos [email protected]’ ou ‘Cortejazz’, entroutros.

En xullo de 2014 precisamente foi recoñecido como mellor grupo novel polo Festival Intercéltico do Morrrazo, en Moaña, na súa 30ª edición. Como premio, foi o encargado de abrir o festival, compartindo cartel con Luar na Lubre, Susana Seivane e Xosé Manuel Budiño.

Este é o vídeo (dun ensaio) que entra no concurso ‘Novos Valores’. “Trátase de compartilo dende este link no Facebook”, conta Mariño:

https://www.facebook.com/ofestigal/videos/10155537706485455/?__mref=message_bubble

Fol de Folk

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “SeisPorOito entre os 10 elexidos para o Festigal”

Deixar unha resposta