*/ ?>

Fiadeiro leva as ruadas e os seráns ao teatro

Apr 27, 2015 Sen Comentarios por

fia2De Santiago de Oliveira de Ponteareas a Pontegrixoa (Santiago), Verdillo (Carballo), Riamonte de Cervantes (Lugo) ou Rodeiro de Avión. A nova gala da Asociación cultural O Fiadeiro de Vigo é un percorrido por bailes e pezas cantadas e tocadas con gaita, acordeón, pandeiretas, pandeiros e pandeiras das catro provincias galegas. Máis de 60 músicos e bailadoras no escenario do Teatro García Barbón (AFundación) mostraron o seu novo traballo, con dez traxes distintos ao longo das dúas horas de espectáculo, combinando música, danza e explicacións en off sobre a tradición galega. Baixo o título de “As Catro Esquinas” os compoñentes de Fiadeiro describen os “seráns” de Pontevedra, as “ruadas” de A Coruña, as “polavila” de Lugo e os “fiadeiros” de Ourense, festas todas elas moi similares que consistían en xuntarse e aproveitar para bailar, o momento da semana para o lecer e o entretemento. Os intérpretes da asociación, que tentan transmitir a frescura e a alegría natural das expresións artísticas tradicionais, introducen nesta gala a “Orquestra O Fiadeiro”, incorporando ao espectáculo ritmos de bailar e de cantar máis actuais, que tamén forman parte da historia de Galicia, ata a simulación das festas tradicionais na actualidade.

Baile tradicional

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Fiadeiro leva as ruadas e os seráns ao teatro”

Deixar unha resposta