*/ ?>

SeisPorOito actuará como finalista no Folkarria

Jun 04, 2015 Sen Comentarios por

A banda e músicos coruñeses SeisPorOito actuará este domingo no Folkarria Eco Festi-Bal, que se celebra en Torres de la Alameda (Madrid), como finalista a mellor grupo da edición 2015. Competirá con Capcadira, un grupo catalán de folk, tradición e canto polifónico, e cos portugueses de Jam.pt , tres músicos de Oporto e Lisboa que recuperan ritmos a través de violín diatónico, guitarra e percusión. O Folkarria empeza mañá e congrega a curiosos interesados pola música e a tradición de todos os puntos da xeografía española. Ademáis de concertos, os propios grupos imparten obradoiros de baile, para que o público poida participar. Precisamente SeisPorOito, grupo que reinterpreta a música tradicional galega con ritmos tamén da Bretaña Francesa, a maiores do concerto, farán un pequeno taller: “para ensinarlles a bailar o seis por oito, a muiñeira, que é o ritmo que máis nos caracteriza en Galicia”, apuntan dende o grupo. O xurado elixe ao ganador no propio festival. Na edición de 2014 ganaron os pandereteiros de Maghúa, tamén da zona de A Coruña, e este ano actuarán na noite grande do festival, a do sábado.

Sin categoría

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “SeisPorOito actuará como finalista no Folkarria”

Deixar unha resposta