Santa Ferreña inaugura os festivais do verán

Jun 07, 2015 Sen Comentarios por

Moito baile e música, carpa con comida, tradición oral, xogos para os nenos e exposicións. Carboeiro marcou esta fin de semana o pistoletazo de saída dos festivais de verán con músicos e bailadores de toda Galicia que se congregaron no campo do máxico mosteiro, do século XV, para disfrutar dos Encontros de Santa Ferreña. Van pola edición XVI e o día de sol axudou a encher o campo da festa. A comida popular na Cacharela foi un respiro á sombra da carpa para logo continuar toda a tarde e noite de música e baile. Na emotiva procesión, Santa Ferreña contou coa compañía dos cabezudos de Viravolta e tamén cos seus devotos, que bailarían ata altas horas.

carboeiro4carboeiro3

Festifolk

Sobre o autor

folkgalicia
Sen Respostas a “Santa Ferreña inaugura os festivais do verán”

Deixar unha resposta