¿250 gaiteiros en Carballo de Bergantiños?

Jun 20, 2015 Sen Comentarios por

Unha nova proposta de festa baixo o título Festifolk reunirá hoxe en Carballo de Bergantiños a máis de 200 gaiteiros de 20 asociacións de música e baile tradicional da zona. Tocarán Lugo, Pastoriza e Buxos Verdes para acabar, tras un desfile, interpretando ao unísono o Himno do Antigo Reino de Galicia. O desfile polas rúas bergantiñás pode quedar emotivo realmente, sin existir ata o de agora nada similar na zona. De noite actuarán Birimbao e Luar na Lubre. (Na foto, unha imaxe de arquivo da Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes, en Forcarei, destacada por Turgalicia).

Será unha fin de semana cargada de música, co IV Festival Histórico Augas Santas, en Santo Estevo do Ermo, no Concello de Barreiros (Lugo). Estarán Os D’Abaixo, Tumba e Dalle, a Cé Orquestra Pantasma e O Arco da Vella.

Folk in Río en Touro

Xa mañá celebrarase outra edición de Folk in Rio, en Touro. O ano pasado tivo unha grande acollida. Nesta ocasión estarán os bombos lusos de San Tiago, Brincavai e Alvariza; Tantos nos Ten e Festicultores, ademáis de actividades lúdicas e folclóricas durante todo o día.

Festifolk

Sobre o autor

folkgalicia
Sen Respostas a “¿250 gaiteiros en Carballo de Bergantiños?”

Deixar unha resposta