A pegada dos bailaríns do Arcabuz

ene 08, 2016 Sen Comentarios por

Na mente quedaron os movementos dos cen bailaríns e a exquisita sonoridade transmitida polos músicos do Poder do Arcabuz, presentada hai un mes no Colón, o teatro do paseo marítimo coruñés. A expresividade dos pasos tradicionais, cos zocos, para bailar con forza e alegría, fronte á elegancia e a sutileza dos movementos nobres. Trátase dunha proposta arriscada, tanto na posta en escena como na combinación do baile tradicional e a danza contemporánea. Os bailaríns, a maioría procedentes de grupos e asociacións, logran transmitir á perfección en cada acto a forza do poder, a transformación social ou o pesar a través de coidados pasos. Por momentos lembra ás danzas da corte, con exércitos simulados que traen á cabeza donas e galáns, ou danzas de espadas e de arcos, nunha interpretación máis señorial. Por outro lado, déixanse ver patróns de muiñeira e puntos de ribeirana, sobre todo para expresar ocio e felicidade dos protagonistas. A nobreza, representada por unha elegante e guapa dona, é sofisticada nos movementos corporais, cos que marca territorio. É o último espectáculo do artista e director galego Quique Peón, con Xacarandaina, músicos e voces de toda Galicia;  unha visión contemporánea da loita irmandiña, con banda sonora do músico Pedro Lamas.

Baile tradicional

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.
Sen Respostas a “A pegada dos bailaríns do Arcabuz”

Deixar unha resposta