*/ ?>

Máis de 600 persoas corearon as cancións de Díaz na Capitol

Jan 11, 2016 1 Comentario por

Na sala de concertos non entraba ninguén máis, nin unha agulla. O espazo estaba conquistado polo público, que logrou acomodarse medindo os seus pasos e movementos cando os corpos pedían bailar. E tan pegados creouse unha atmosfera cálida para disfrutar da magnífica sonoridade das percusións, a zanfona, as gaitas o acordeón e, sobre todo, o poder das voces. Só uns poucos pudieron facerse cun breve espazo para improvisar filas e sacar puntos ao ritmo das muiñeiras e maneos de ‘The Tambourine Man”. A do sábado foi unha noite apoteósica e pletórica para o músico galego Xabier Díaz e o seu “exército” de Adufeiras, músicos, amigos e colaboradores, coa presentación do sempre brillante Carlos Blanco. Os pandeiros cadrados das 11 pandereteiras e cantareiras que arroupan a Díaz no escenario, ese instrumento tradicional que ata hai pouco parecía durmido ou agachado, vibraron con forza na sala de concertos compostelana. A enerxía das “almas” que escoitaban atentas e medio danzaban fixeron o resto, en conexión cos artistas que ían combinando cancións recollidas en Bergantiños ou Val de Soneira (A Coruña), ata a montaña de Lugo ou Salvaterra e Pontecaldelas (Pontevedra). E desa conexión, un dos momentos máis emotivos: cando centos de voces entoaron o Padodoble de Beo (Malpica), unha das favoritas do novo disco. O son dos pandeiros e pandeiretas, exquisito, e a enerxía e a maxia da noite, de dez.

LER MÁIS SOBRE   The Tambourine Man

Festifolk

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Unha Resposta to “Máis de 600 persoas corearon as cancións de Díaz na Capitol”

  1. irina says:

    Grande musicazo,e humilde por riva ese e a sua mellor baza,magnifica combinaciòn o concerto foi esquisito dende principio a fin, incluidas as suas presentacions cheas de encanto e humor do noso, tranquilo e divertido paseino genial e penso repetir, e a musica da miña terra tratada de forma maxistral

Deixar unha resposta