*/ ?>

Arume aplaude un cuarto de século

Feb 29, 2016 Sen Comentarios por

A por outros 25, como mínimo, 50, mellor. A asociación de baile e música tradicional de Berdillo (Carballo de Bergantiños) sorprendeu pola calidade e posta en escena na gala desta fin de semana para celebrar o seu cuarto de século. As míticas cantareiras, na actualidade nove mulleres (cinco delas están dende o principio), dende aquel 1982 no que a asociación collía forma, interpretaron as súas clásicas, moitas delas plasmadas no disco “Sospirei botei un ai”. Pensar nas pandereteiras de Berdillo é pensar no Cantar e Maneo de Silván, tamén no Arrieiro, con base en Coristanco, pero tamén en melodías e cantares recollidos en Santa Comba, Mondariz ou Trazo. As profesoras de pandeireta Dosinda Fuentes e, de baile, Gema Paz, que impartiron clases tamén noutras vilas de Bergantiños, foron as impulsoras desta asociación, no corazón da comarca bergantiñá. O larachés Miro Regueira dirixe na actualidade a asociación. A por outros 25 Arume!

Baile tradicional

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Arume aplaude un cuarto de século”

Deixar unha resposta