*/ ?>

O acordeonista Andrés Penabad estrea ‘Bipolar’

Mar 05, 2016 Sen Comentarios por

É o seu segundo disco logo de ‘Crossing’, o seu debut en solitario. O acordeonista galego lánzase agora cun traballo “máis maduro e persoal”. “No primeiro quixen reunir colaboracións de persoas que me gustaban, músicos cos que xa teño traballado, pero Bipolar está pensado para o directo e para a miña banda actual”, explica o músico galego, de As Pontes. Precisamente alí, no Cine Alovi, presentará hoxe o seu traballo, e mañá amosará as novas melodías de ‘Bipolar’ na Festa do Queixo, en Arzúa, nunha tarde de concertos con Luar na Lubre.

Penabad avanza así como solista, ao acordeón, no panorama folk de Galicia, cun traballo gravado en Oza dos Ríos e Santiago e producido polo músico, compositor e produtor Fernando Barroso. ‘Bipolar’ inclúe 12 temas, con colaboracións tanto de voz, coas pandereteiras Lilaina, como instrumentais: Pablo Vergara no bodhram, Ramón Dopico nas percusións e Álvaro Trillo á batería. O acordeonista de As Pontes recibiu o apoio dende o principio da súa carreira de Bieito Romero, de Luar na Lubre, e tivo diversas actuacións con Carlos Núñez, Kepa Junkera, Susana Seivane, Luar na Lubre, Pablo Díaz ou Xabi Aburruzaga.

Sin categoría

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “O acordeonista Andrés Penabad estrea ‘Bipolar’”

Deixar unha resposta