*/ ?>

Xiradela premia cantares de Bergantiños a Candín

Apr 11, 2016 Sen Comentarios por

Cerca de 50 grupos de pandereteiras e pandereteiros participaron no XVII Concurso de Xiradela, de Arteixo. Toda a xornada de domingo co pase de grupos de toda Galicia e uns 30 organizadores da asociación para dirixir e coordinar o encontro de música tradicional, que moi pronto cumprirá dúas décadas. No escenario, maneos, muiñeiras e cantares que deixan ver o nivel das pequenas cantareiras e tamén a man dos seus mestres. De Bergantiños ata Candín. Os primeiros premios de cada categoría levan  un trofeo e entre 200 e 250 euros, os segundos 150 euros e os terceiros un trofeo de recordo do concurso. ¿Como quedaron nesta edición? Así quedaron as posicións, segundo os resultados que transmite a organización da asociación:

Categoría A:
1 “Chamberín” da A.C. Adro de Baio, que interpretaron:  Cantares de Muíño (Zas)
2 “Galdrumeiras” da A.C. O Amanexo coa peza:
Canto, maneo e muiñeira de Xende, Cerqueda (Malpica de Bergantiños)
3 Escola de pandeireta do CEIP do Hío con:
Cantares do Ézaro (Dumbría)
Mellor vestiario: Grupo C da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras

Categoría B:
1 “As Xaviñanas” da U.P. de Corcubión
Pandeiretada de San Salvador de Padreiro (Santa Comba)
2 “Soalleiriños” da A.C.A. de Dorrón
Jota e muiñeira de Lariño (Carnota)
3 “Tarabeliños” da A.C. Donaire
Canto, muiñeira e jota de Negreira de Vilamaior (Ordes)
Mellor vestiario: “Laretas” da A.C.F.  Tarambainas

Categoría C:
1 “Titiriteiras” da A.C.F. Tarambainas
Jota e moliñeira de Candín (Candín)
2 “Lina e Lola”
Cantares de Taboexa (As Neves)
3 Grupo B da Escola de muiñeira de Cantigas e Agarimos
Jota, muiñeira e pasodoble do Barro (Santa Comba)
Mellor vestiario: “Titiriteiras” da A.C.F. Tarambainas

Categoría D:
1 “Lagharteiras”
Ruada en San Martiño de Meanos (Zas)
2 “No filo da ferreña”
Cantar, punteada e jota de Cerqueda (Malpica de Bergantiños)
3 “Barallocas” da A.C. O Amanexo
Canto, valse, muiñeira e xota de San Salvador (Santa Comba)
Mellor vestiario: Grupo A da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos

Parabéns aos gañadores e a todos os participantes!!!

xira1xira2

Baile tradicional

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Xiradela premia cantares de Bergantiños a Candín”

Deixar unha resposta