*/ ?>

Músicas no sofá nas rúas do Carballiño

Aug 01, 2016 Sen Comentarios por

¿Por que non trasladamos o piano da casa á rúa? ¿E por que non os sofás tamén? Esta idea dun grupo de amigos, en principio utópica, foi a orixe do festival de música que se celebrará esta semana no Carballiño, coincidindo coa Festa do Pulpo. O mércores e o xoves pasarán por este percorrido urbano cinco grupos de distintos estilos: dende Folk, a Jazz, Reggae, Rocksteady & Ska e Funk-Groove. Son Böj, Portugalego Quartet, Elephants Yard Live Dub, Groovy Killers e Transilvanias, que actuarán nos diferentes “salóns” ubicados no centro da vila. “O festival pasa de un día a dous e como novidade desta edición os grupos actuarán de forma consecutiva para que os asistentes poidan disfrutar íntegra e gratuitamente dos concertos, que culminarán cunha sesión do sing-jay francés Sutta Enki Dub no Sete Flores”, explican os organizadores do concerto, promovido pola Asociación Cultural os Serandeiros co apoio do Concello do Carballiño. Será o segundo ano das “Músicas de sofá”, festival que se inaugurou o ano pasado con tres grupos. A estética, como contan os organizadores, é “vintage”, con decorados propostos por unha tenda de Ourense.

Grupos

Os grupos que participarán neste festival urbano son “referentes nos seus estilos dentro do panorama musical galego”. Trátase de Böj, recentes gañadores do último festival de Ortigueira no concurso Runas; Portugalego Quartet, integrado por músicos da talla do saxofonista Diego Alonso Tornado; Transilvanians, galardoados co premio Martín Códax da Música Galega; Elephants Yard Live Dub e Groovy Killers.

Festifolk

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Músicas no sofá nas rúas do Carballiño”

Deixar unha resposta