*/ ?>

Música galega, rumbo a Lorient

Aug 04, 2016 Sen Comentarios por

Nove grupos de Galicia, formados por 150 músicos, poñen rumbo a Lorient para a cita europea dos sons celtas máis potente do ano, que se celebra na Bretaña francesa dende hai case medio século. En concreto, esta será a edición número 46, dedicada a Australia, e coincidirán formacións musicais e de danza de Irlanda, Escocia, Gales, Illa de Man, Cornualles ou Asturias, ademais de Galicia e a propia Bretaña (Breizh). A delegación galega fai as maletas estes días para actuar nos espectáculos que terán lugar dende mañá, venres 5, ata o próximo 14 de agosto.

Grupos e bandas

Riobó é un dos grupos que amosará a riqueza das formacións galegas de música folk, con Vaamonde, Lamas e Romero. Actuarán entre os días 6 e 10.

No capítulo de bandas e formacións de baile e canto tradicional, viaxan nesta ocasión ao festival folk das rexións celtas Brincadeira (Compostela), Cántigas e Froles (Lugo) e a banda de gaitas Malante, de Malpica de Bergantiños.

Tamén forman a comitiva o dúo Vagabán, o gaiteiro Anxo Lorenzo ou a banda de gaitas Lume de Biqueira, con orixe no Centro Galego de Madrid.

Catro gaiteiros, que son Xesús Rodríguez, Daniel Fernández, Víctor Antelo e Jorge Gándara, competirán polo trofeo Mc Crimmon, unha distinción de prestixio para os expertos no instrumento.

Durante o festival, hai actuacións nuns  malantebuena salpicados por toda a cidade. As principais programacións teñen lugar no Palacio de Congresos, no Gran Teatro ou na Igrexa de Saint-Louis. Tamén se presentan espectáculos musicais no Estadio de Moustoir e no porto.

 

Festifolk

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Música galega, rumbo a Lorient”

Deixar unha resposta