*/ ?>

Lista a acampada para a Carballeira de Zas

Aug 05, 2016 Sen Comentarios por

Será a 33ª edición da festa da Carballeira, unha das principais citas do universo folk e dende hai uns anos con zona de acampada. En total, dous días de concerto esta fin de semana: esta noite (venres 5 de agosto), con O Ghusto do Boi, Banda Grebinsky, Mago de Oz e Ruxe Ruxe, a partir das nove.

O día grande, sábado 6, empezará xa na sesión vermú, que será amenizada pola Orquestra Os Modernos, gañadores dos premios Martín Códax da Música. Constan tamén no cartaz para o mediodía O Ghusto do Boi, Cé Orquestra Pantasma e unha gran foliada na Carballeira. Xa para a noite estarán Luar na Lubre e Steve’n Seagulls, como pratos fortes, con Pelepau, Skerryvore e o acordeonista Andrés Penabad. A organización vende entradas anticipadamente, por internet, ademais do posto central da Carballeira, como todos os anos. Para esta edición agardan un incremento do 60% de público, con respecto ao ano anterior, cunha previsión de 8.500 asistentes ao día. Como actividades complementarias: mexilloada, feira de artesanía, mercado ecolóxico e ocio para os nenos.

Festifolk

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Lista a acampada para a Carballeira de Zas”

Deixar unha resposta