Womex: un luxo para Galicia

Oct 24, 2016 Sen Comentarios por

Rematada a semana dunha cidade como Compostela ‘tomada’ por músicos de todos os continentes, agora toca pensar en Polonia, en Wadowice, onde se celebrará a próxima edición da principal ‘feira’ de músicas do mundo. Galicia tivo o privilexio de acoller desta vez o Womex 2016, logo de celebralo tamén no 2014. Gaiás, Quintana, o Principal ou o Museo das Peregrinacións, distintos puntos onde actuaron músicos de 43 países, ademais de pases de filmes, completaron aforo nos distintos días. Non é habitual contar 300 artistas e 2.000 delegados conversando para cerrar actuacións en distintos países nunha cidade como Santiago nunha intensa semana. “Unha fiestra de entrada e de saída de músicas étnicas”, apuntaron as autoridades, entre elas a tradición e o folk galegos, nese abano internacional de sons de raíz. Para Kike Peón, Radio Cos, “a música popular chega de por sí ao corazón”, e iso é característica común, con independencia do país de orixe, a modo de linguaxe universal. Xabier Diaz e as adufeiras, Talabarte, Cuarteto Caramuxo, Radio Cos e Narf con Timbila Muzimba, foron as principais representacións galegas. Da península tamén Carmen París, Kepa Junquera e María Arnal & Marcel Bagés. New York Gypsy All-Stars, Faada Freddy, Bareto, Noura Mint Seymali, United Vibrations, Kondi Band, Bargou, Gisela Joao, Nomade Orquestra o Anelis Assumpçao formaron parte do menú desta edición, con premios á traxectoria de Calypso Rose (artista de recoñecemento mundial de Trinidad y Tobago) e a Henry Artega (rap, de Colombia). (Foto: Yannis Psathas-Womex)

 

Folk Internacional

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.
Sen Respostas a “Womex: un luxo para Galicia”

Deixar unha resposta