*/ ?>

8 voces, 8 de marzo

Mar 08, 2017 Sen Comentarios por

Oito voces femininas do actual panorama musical galego uníronse para celebrar o Día Internacional das Mulleres con un tema conxunto que chama á acción e á superación de obstáculos. Uxía, Ugía Pedreira, Sonia Lebedinsky, Alba María, Silvia Penide, Carmen Rey, Belem Tajes e Pilocha fundiron os seus estilos nun tema chamado ‘Hemisferios’ para conmemorar a data con voces e mensaxes en feminino.

“Déixame un pouco de alento… hei de rachar o silencio”… son algúns dos versos creados por Alba María, a intérprete máis nova do grupo, nesta iniciativa apoiada pola diputación coruñesa.

Sin categoría

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “8 voces, 8 de marzo”

Deixar unha resposta