*/ ?>

Folk fusión con gaita dende Portugal

Mar 23, 2017 Sen Comentarios por

Acordeón e gaita xogan coas notas dando lugar a orixinais melodías. Alma Menor é o proxecto de Tiago Marques e Tiago Morais, que acaban de mostrar un primeiro tema titulado ‘A Sombra Dança’. Preparan o seu disco, que definen como Folk fusión, para 2018.

“A nosa creación é algo espontáneo, a partir dunha idea, ambos creamos. Temos influencias de tango, música portuguesa e tamén francesa”, conta Tiago Morais (gaita de fol). Dende Almada, Morais é tamén profesor na Escola de Música Tradicional CCR Alto do Moinho.

“Temos unha tradición gaiteira tan antiga como a de Galicia”, expresa Morais, quen lembra a gaita mirandesa, de Coímbra e na altura de Extremadura, próxima a Lisboa. Cita tamén os ritmos máis comúns da tradición portuguesa: corridinhos, chulas, viras, fandango, repasseado ou passo dobrado.

O proxecto musical de Tiago e Tiago toma forma:

Fol de Folk

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Folk fusión con gaita dende Portugal”

Deixar unha resposta