The Chieftains volven a Ortigueira, dez anos despois

jun 09, 2014 Sen Comentarios por

 

A mellor banda de música irlandesa, fundada en 1963, volverá a Ortigueira dez anos despois da súa única actuación neste certame folk internacional. Será o 19 de xullo, o día grande do maior festival celta de España, cando a formación musical liderada por Paddy Moloney, toque de novo en Ortegal. Foi en 2004 cando foron invitados de honra ao certame galego, acompañados polo gaiteiro vigués Carlos Núñez. A mestura de melodías galegas e irlandesas, en plena harmonía, quedou na memoria de moitos, así coma a interpretación con aires gaélicos da Muiñeira de Chantada ou da Rianxeira. Será o festival número 30 e tamén contará coa actuación da banda galega mítica: Milladoiro. O festival da música celta de Ortigueira, coa súa acampada na praia de Morouzos, é de Interese Turístico Internacional.

Folk Internacional

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.
Sen Respostas a “The Chieftains volven a Ortigueira, dez anos despois”

Deixar unha resposta