*/ ?>

Nivel no Concurso de Xiradela: de Trazo a Dorrón

Apr 11, 2017 Sen Comentarios por

Difícil elección co elevado nivel alcanzado no XVIII concurso de pandereteiras de Xiradela, asociación de música tradicional de Arteixo. Máis de 40 grupos das catro provincias desfilaron o domingo pola competición musical, divididos en catro categorías, por idade.

Nesta edición os primeiros premios foron para a Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo, na categoría dos máis pequeniños, que interpretaron unha peza de Liñares de Avión. Na modalidade B (de 11 a 13 anos) ganaron os “Soalleiriños”, da Asociación Cultural Soalleira de Dorrón, con Jota, muiñeira e agarrrado de Bugadillo (Ames). Na categoría C (de 14 a 17) levaron o galardón máis distinguido as catro intérpretes de Lina e Lola, con Cantares de Manzalvos (A Mezquita-Ourense), con combinacion de pandeiros, pandeira e pandeireta. Entre os maiores (categoría D), cun reparto de galardóns moi reñido ante o elevado nivel dos grupos, o primeiro foi para “Barallocas”, da Asociación Cultural O Amanexo, cun Canto, pateado e muiñeira da Pontragha (Tordoia).

Nas categorías A e B o primeiro premio consta de trofeo e 200 euros e na C e D de trofeo e 250 euros. O segundo premio é de trofeo e 150 euros en todas as categorías e o terceiro de trofeo e agasallo. Xiradela tamén fai unha distinción especial para vestiario.

Nos segundos premios destacaron o Grupo D da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos, entre os máis pequenos; na categoría B “As Xaviñanas” da Universidade Popular de Corcubión; na C o grupo da asociación Tahúme e na D “Aldomir”, da Asociación Cultural A Mámoa.

Aquí a relación total dos premiados nesta XVIII edición do concurso:

Categoría A (ata 10 anos):

  1. A.C. Os Xeitosos de Trazo
  2. Grupo D de Cantigas e Agarimos
  3. “Raiola” da A. C. Mestre Manuel Gacio

Categoría B (de 11 a 13 anos):

  1. “Soalleiriños” da A.C. Soalleira de Dorrón
  2. “As Xaviñanas” da Universidade Popular de Corcubión
  3. “Tarabeliños” de A.C. Donaire

Categoría C (de 14 a 17 anos):

  1. Lina e Lola
  2. G. B.M.T. Tahúme
  3. Grupo C da Escola e Muiñeira Cantigas e Agarimos

Categoría D (de 18 anos en diante):

  1. “Barallocas” da A.C. O Amanexo
  2. “Aldomir” da A.C. A Mámoa
  3. “Meniñas” da A.C.F. Tarambainas

Premios Vestiario:

  • A: “Gharabullos”, da A.C.F. Tarambainas
  • B: Escola de Pandeireta do CEIP O Hío
  • C: “Titiriteiras” da A.C.F. Tarambainas
  • D: Grupo A da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos

 

 

Baile tradicional

Sobre o autor

Selina Otero. Xornalista.

Sen Respostas a “Nivel no Concurso de Xiradela: de Trazo a Dorrón”

Deixar unha resposta