*/ ?>

As pequenas cantareiras deslumbraron en Arteixo

Apr 15, 2015 Sen Comentarios

Afinan, marcan toques de pandeireta e pandeira e cantan en grupo con enorme facilidade… A  Asociación Cultural Xiradela de Arteixo celebrou o seu concurso de cantareiras e cantareiros, como cada ano cando entra a primavera. Nesta ocasión foi o número XVI. Os grupos, de todos os recunchos de Galicia, e formados por pequenas intérpretes e […]

Ler máis

Gala espectacular para “ser patrimonio”

Mar 30, 2015 Sen Comentarios

Os 40 mozos e mozas de Xacarandaina brillaron de novo, co seu vestiario exquisito, na gala para mostrar a riqueza do baile e da música tradicional de Galicia. A actuación foi unha viaxe polas zonas máis ricas en conservación de cancións e coreografías; un repaso polas pezas típicas, explicadas con datos históricos, de cando entraron en […]

Ler máis

Longa noite de foliada en Cerqueda

Mar 23, 2015 Sen Comentarios

A cita anual para os foliadeiros en Cerqueda superou nesta ocasión as previsións da organización, con máis de 20 grupos no cartaz para a noite do sábado. E o serán foi longo, ata altas horas. Empezaron os máis pequenos coa Foliadiña, a media tarde, e as Pandereteiras de Raigañas, as que promoven a ruada cada […]

Ler máis

Coanhadeira: “Sempre nos imaxinamos ao público bailando”

Mar 13, 2015 Sen Comentarios

“En cada composición, sempre nos imaxinamos a alguén bailando”, conta Óscar Freire, o encargado dos “saxos” no grupo ourensán. Coanhadeira ultima a estrea do seu terceiro disco, ‘Bicos con luvas’; once temas con pouso tradicional que consegue traer, por momentos, aires de jazz. “Ao mellor é polo saxo, a min gústame o jazz, por exemplo, […]

Ler máis

Vellos gaiteiros no Carnaval do Morrazo

Feb 19, 2015 Sen Comentarios

De Vilanova a Donón e dende Hío a Nerga o Entroido típico de O Morrazo non defraudou, pese á choiva dos primeiros días. O martes, unha das xornadas onde os grupos de gaitas tocando de pasarrúas e nos palcos teñen maior presenza, o sol deixouse ver e tivo lugar unha xuntanza especial: dous gaiteiros xa […]

Ler máis

Foliada improvisada en Bergantiños

Feb 09, 2015 Sen Comentarios

Neste pequeno vídeo percíbese a forza das bailadoras e tocadores de Bergantiños, nunha noite improvisada de foliada. Son mestres e alumnos das Escolas Raigañas, de Cerqueda, e Malante, de Malpica, disfrutando nun fin de semana calquera nos que se xuntan para tocar. (Portada do disco ‘Baila que podes bailar’)

Ler máis

O Festival de Ortigueira, Premio da Cultura 2014

Dec 10, 2014 Sen Comentarios

Por ser a “festa de referencia do folk” nas últimas tres décadas, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira recibe hoxe o Premio da Cultura Galega 2014 na categoría de Música. Compartirá galardón co escritor Xosé Neira Vilas, na categoría de Letras, coa Galería Trinta, en Artes Plásticas, Cándido Pazó (Artes Escénicas), a Asociación […]

Ler máis

De Davide Salvado a Caxade e A Cada Canto nos premios Martín Códax

Nov 27, 2014 Sen Comentarios

Dende ‘O Ladrón de Amorodos’ da carismática voz de Davide Salvado ata o novidoso traballo do acordeonista Caxade, ‘A Danza das Moscas’, están presentes entre os 54 finalistas dos II Premios Martín Códax da Música de Galicia. Entre as numerosas categorías dos galardóns, que organiza a Asociación Músicos ao Vivo e se entregarán nunha gala […]

Ler máis

Ibáñez, músicas de ida e volta

Oct 28, 2014 Sen Comentarios

O gaiteiro pontevedrés Óscar Ibáñez invita nos seus concertos a unha viaxe de Galicia a América a través de melodías de ida e volta. Co seu traballo ‘Alén do Mar’ fai un percorrido dende pezas galegas do Padre Feijóo ata Venezuela, indagando no merengue, ritmos de Irlanda, habaneras de Cuba, valses, sons do Brasil…Investigación e […]

Ler máis

Xestores musicais de 16 países coñecen a artistas galegos

Oct 20, 2014 Sen Comentarios

Programadores culturais de 16 países están esta semana en Galicia para coñecer de cerca a artistas galegos. Cunha intensa axenda, entre o Focus Galicia neste inicio de semana e o festival internacional Womex 2014, con músicos de todo o mundo en Compostela a partir do mércores, os escenarios e os sons galegos atraen estes días […]

Ler máis