Folk in Río, cun toque de rock galego, na festa do Ulla

Jun 18, 2014 1 Comentario por

Ao ritmo dos bailes entre pequenos e vellos, coñecidos e descoñecidos, que improvisan puntos, tema do que saben moito Os Carunchos, O Folk in Río do Ulla, celebrouse o pasado domingo 15 con máximas que facían suar. A romaría con aire campestre á beira do río, en Touro, chegou este ano á súa sétima edición. Os Melidaos estrearon o festival, coas súas pezas tradicionais tamén dese segundo disco ‘Axúdame a cantar’. Cunha zona de baile máis que animada, continuaron os Carunchos, no festival principal que marca inicio da etapa estival organizado pola Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla. Para terminar o prato forte foi María Xosé Silvar (Sés) que, como acostuma nos seus directos, entregouse ao público, recibindo tamén dos bailadores e demais asistentes a enerxía que achega. Co seu rock galego, blues e composicións con acento do outro lado do Atlántico, Sés, como música de raíz, puxo o fin a un día de festa campestre tradicional. (Fotos: H&J Felpete)

jenny

Festifolk

Sobre o autor

folkgalicia

Unha Resposta to “Folk in Río, cun toque de rock galego, na festa do Ulla”

  1. Irmandiños, queimadas, artesanía e moita música says:

    […] Seivane (con Samarúas como teloneiros) actúan esta noite no Asalto ao Castelo de Vimianzo e Sés será a actuación estelar do III Encontro de Artesanía Tradicional de Agolada, ‘Corazón de […]

Deixar unha resposta