Muiñeiras, fandangos e txalaparta no Teatro Alcalá de Madrid

Jun 28, 2014 1 Comentario por

O acordeonista vasco Kepa Junquera, atrapado polas melodías galegas dende as súas primeiras visitas a Galicia, levou onte ao Nuevo Teatro Alcalá de Madrid o seu novo espectáculo, baseado no disco ‘Galiza’, no que participan máis de 200 músicos galegos e vascos. Mesturando pandeiretas, tamboril e bombo galegos, coa tradicional txalaparta vasca, as muiñeiras e fandangos cos que se atreve Kepa ganan dimensión, anque él tamén toca a pandeireta ao estilo vasco (co peso do toque na man que risca) e aproveita cada concerto con músicos galegos para combinar ferreñas ao ritmo de maneos, xotas ou rumbas. Nesta ocasión acompañárono Xabier Díaz ou Pedro Lamas pero tamén contou con Luz Casal e Carmen París.

Respeto e enerxía en Galicia

Sempre conta que ten unha imaxe de cando escoitou cantar por primeira vez ás pandereteiras Leilía, “con tanta forza nas voces”. “De Galicia me impactó el respeto a la música, sus melodías y la energía que tiene su gente”, comentaba hai uns días nunha entrevista a Radio Nacional de España antes do concerto de Madrid. Nos directos improvisa e fai improvisar aos compañeiros de escea. Nos últimos concertos en Galicia (na foto un recente en Redondela, con Xabier Díaz), sempre acaban con bailadores conquistando a pista e enchendo o directo.

kepa2

Fol de Folk

Sobre o autor

folkgalicia

Unha Resposta to “Muiñeiras, fandangos e txalaparta no Teatro Alcalá de Madrid”

  1. Noite folk no Castelo de Vimianzo says:

    […] feudais. Ese día é hoxe e haberá moito folk. Logo do debut de Samarúas ás dez, será o asalto. Kepa Junquera, á unha da mañá, levará o seu último traballo ‘Galiza’, que realizou con músicos […]

Deixar unha resposta