Medalla Castelao para a familia Seivane

Jun 29, 2014 1 Comentario por

A familia de artesáns Seivane, con máis de 70 anos de traxectoria elaborando gaitas que vende a todo o mundo, recibiu onte unha das Medallas Castelao que cada ano concede a Xunta a galegos ilustres pola súa obra. O Obradoiro de Gaitas Seivane, ubicado en Cambre (A Coruña), que empezou no seu día Xosé Manuel Seivane Rivas (falecido) e que continúan os seus descendentes, obtivo esta distinción na edición de 2014.  A gaiteira galega, Susana Seivane, neta do fundador, é o rostro máis coñecido da familia, reunida onte (28 de xuño) no Hotel Monumento San Francisco para recibir da man do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o galardón. No acto debutou o pequeno da saga, fillo de Saínza e sobriño de Susana, que con seis anos xa toca moi ben o instrumento estrela da casa. Brais, cunha pequena gaita á medida, actuou no acto cos demáis membros da familia. Interpretaron Valse de Taramundi, Muiñeira de Paulino e Muiñeira de Chao, composta polo fundador. (Foto:Seivane)

Fol de Folk

Sobre o autor

folkgalicia

Unha Resposta to “Medalla Castelao para a familia Seivane”

  1. Noite folk no Castelo de Vimianzo says:

    […] disco Galiza, editado por Folmusica, Davide interpreta con Kepa o sentido Valse de Santa Mariña. Susana Seivane continuará a noite do Asalto ao Castelo. Precisamente, a gaiteira galega tamén participa no […]

Deixar unha resposta