O Fiadeiro desprende calidade no serán de fin de curso

Jun 29, 2014 Sen Comentarios por

Todos os grupos da asociación mostraron o aprendido ao longo do curso pola tarde e, xa de noite, con barra de bebidas varias e pinchos de tortilla e empanada, alumnos, amigos e visitantes de toda Galicia bailaron improvisadamente no salón da Asociación de Veciños de Cabral (Vigo). O XV Serán de O Fiadeiro, gala típica de fin de curso da asociación cultural do sur de Galicia que traballa na recuperación e divulgación do folclore galego dende 1996, desprendeu calidade, de pequenos a maiores. Bailaríns e compañeiros de outras asociacións, dende Mos, Pontevedra, Bandeira, Santiago, Cangas ou A Coruña, acompañaron a alumnos e profesores de O Fiadeiro na repichoca nocturna. Actuaron as pandereteiras e pandereteiros de O Fiadeiro, co seu grupo de baile de maiores. Polo escenario desfilaron dende os tradicionais cantareiros de Rebordáns, ata A Fonte da Tella, Tarambainas, Lagharteiras, Raiceiros, Tirapuxa, Ghandainas, Rexoubeiras, Afoutos de Os Muiños ou Asubio.

Baile tradicional

Sobre o autor

folkgalicia
Sen Respostas a “O Fiadeiro desprende calidade no serán de fin de curso”

Deixar unha resposta