Kepa, Treixadura, Milladoiro, Budiño…

Jul 10, 2014 Sen Comentarios por

A fin de semana preséntase potente. ¿Contamos opcións para os que buscades boa música e festa auténtica? Aquí unha pequena compilación: a movida folk empezará xa hoxe, xoves, nos xardíns da Deputación de Lugo, con Kepa Junquera, Xabier Díaz e Albufeiras de Salitre. O venres 11 de xullo virá cargado e seguro que nos falta algún en algún lugar que agardamos que nos comentedes. Treixadura tocará no XV Festival Folk de Raíz de Callobre, en A Estrada, e Sés estará en Baiona, na Taberna Marrucho (acústico). Xa o sábado Milladoiro tocará na praza dos Barcos de Sanxenxo, concerto no que fará un percorrido pola súa discofrafía dende aquel Galicia de Maeloc. Budiño tocará a medianoite en O Porriño, que xa empezan hoxe coas festas de San Benito e a fin de semana con Porrigalia. Nesta xornada estarán Carlos Blanco e Luis Davila e Budiño e a súa banda. ¿Que máis? Pois celebrarase tamén o Serán do Sor, en Cariño, o sábado coas asociacións Brisas do Quenllo de Tordoia, Almuiña Pandereteiras de Silleda ou Banda de Gaitas Alfaia. Ademáis da Festa do Percebe do Roncudo en Corme ou as do Carme en Moaña, está o Reperkusión de Ourense e a Festa do Viño de Valdeorras, que contará o sábado con Cristina Pato ao mediodía. Narón acollerá o X Encontro de Bandas de Gaitas, coa festa do churrasco, tamén na fin de semana e Betanzos terá a XVII Feira Franca Medieval, con Azougue, da súa escola municipal.

Festifolk

Sobre o autor

folkgalicia
Sen Respostas a “Kepa, Treixadura, Milladoiro, Budiño…”

Deixar unha resposta