Lévame, lévame, lévame… por Treixadura

Jul 11, 2014 Sen Comentarios por

As potentes voces masculinas do orfeón Treixadura, con expertos músicos á gaita, acordeón e percusión, soarán hoxe no XV Festival Folk de Raíz da Estrada. Levan máis de 20 anos cantando e moitos din que interpretan, coma poucos, as cancións populares e tradicionais, con letras máis que coñecidas. Con clásicos das festas galegas coma O Melro, Lévame, lévame, lévame ou Lúa Clarea son quen de facer cantar e bailar ao público. Forman tamén parte dos músicos galegos que participaron no traballo de Kepa Junquera ‘Galiza’ (na imaxe, unha referencia ao libro dos CDs).

Festifolk

Sobre o autor

folkgalicia
Sen Respostas a “Lévame, lévame, lévame… por Treixadura”

Deixar unha resposta