Quempallou en Cesantes e Abóbriga en Pontevedra

Jul 12, 2014 Sen Comentarios por

Ademáis de Milladoiro en Sanxenxo ou Budiño en O Porriño, o sábado vén cargadiño de concertos e seráns. O grupo de Baiona Abóbriga, dos gaiteiros de Monteboi, tocará hoxe no XV Memorial Ricardo Portela, na Praza da Ferrería de Pontevedra, unha mostra con moitos artesáns de instrumentos de toda Galicia. Tamén en Cambre de A Coruña se celebrará, coma todos os anos, outra feira de artesanía, na que non falta o Obradoiro Seivane. E outra cita importante para hoxe é o V Festival Folk Illa de San Simón, na praia de Cesantes (Redondela). Quempallou actuará e haberá serán tamén cos Carunchos, Airiños de San Simón, Chan das Pipas ou as Pandereteiras de Reboreda. A bailar todo o mundo!!

Festifolk

Sobre o autor

folkgalicia
Sen Respostas a “Quempallou en Cesantes e Abóbriga en Pontevedra”

Deixar unha resposta