Budiño e John Whelan en Zas ao son do ‘Eiiiiii, Carballeira!!!!’

Aug 04, 2014 Sen Comentarios por

A banda do gaiteiro de Moaña, Budiño, o estadounidense John Whelan, os irlandeses Calum Heikki e a formación galega Riobó despuntaron na Carballeira de Zas de este ano, desafiando á chuvia que estivo presente na primeira parte da noite. Logo dun partido de fútbol gaélico xogado pola tarde e a presencia da Asociación Cultural Castro Meda de Zas, Brisas do Quenllo e Queiroa, Peregrino Gris de Costa Rica abriu a noite. Budiño, acompañado de músicos como Isaac Palacín á percusión ou Xabier Díaz (pandeireta e voz) empezou á noite de festa pasada por auga, que as árbores amortiguaban pero só en parte. Recordou que había máis de dez anos que non estaba na festa de Zas. Coa consigna do Eiii, Carballeira!!! para manter a tradición de máis de trinta anos de festival, o acordeonista afincado en Estados Unidos John Whelan, que estivo un par de veces na Carballeira e quería volver, fixo continuar a festa coas súas melodías irlandesas, entre elas The Bucks of Oranmore. Estivo acompañado co músico (guitarra e voz) Flynn Cohen e a cantante de música tradicional folk Liz Simmons. Whelan berrou con acento inglés o seu particular Lummeeeee!! de novo, como xa o fixera en actuacións previas.Sorprendeu Calum Heikki (flautista e guitarrista) do norte de Escocia e Irlanda. Con melodías irlandesas, bretonas e escocesas e toques renovadores animaron ao público e o broche final púxoo a formación galega Riobó.

Festifolk

Sobre o autor

folkgalicia
Sen Respostas a “Budiño e John Whelan en Zas ao son do ‘Eiiiiii, Carballeira!!!!’”

Deixar unha resposta