Muiñeiras no Obelisco e no Parque de Santa Margarita

Jun 16, 2014 Sen Comentarios por

Alumnos de todas as idades da Asociación Cultural Xacarandaina de A Coruña saíron a bailar ás rúas do centro de A Coruña na primeira fin de semana de xuño para celebrar o seu particular Día da Muiñeira e o fin de curso, todo enmarcado na Romería de Lecer que organiza cada entrada de verán esta agrupación, nacida en 1978. Facéndolle fronte á chuvia na tarde do sábado bailaron no Obelisco, para continuar de noite no palco do Parque de Santa Margarita, a onde acudiron tamén agrupacións de toda a zona para a tradicional foliada hasta a madrugada. Houbo chocolate, pulpo e bebida, non foi só bailar e tocar. Tamén en Redondela, no Campo da Feira, e en Tui, ao longo do Paseo da Corredoira, unhas vinte asociacións celebraron o seu Día da Muiñeira o pasado domingo día 15. (Fotos: Xacarandaina)

xacaparque

 

Baile tradicional

Sobre o autor

folkgalicia
Sen Respostas a “Muiñeiras no Obelisco e no Parque de Santa Margarita”

Deixar unha resposta