Muxarega no foso do Castelo de Vimianzo

Jul 04, 2014 1 Comentario

Logo das mostras de onte na rúa da Asociación Cultural Trubisquiña de Vimianzo, vila coruñesa que leva uns días xa quentando motores cos pichos irmandiños e actividades culturais para o día grande do Asalto ao Castelo, que será mañá, hoxe abrirá a fin de semana de concertos Muxarega. Logo da cea medieval, a banda de […]

Ler máis

Marful leva os seus ritmos globais a Agolada

Jul 04, 2014 Sen Comentarios

Dende flamenco a jazz, música italiana pero tamén music hall. O grupo Marful, coa inconfundible voz da artista galega Ugía Pedreira, leva os seus ritmos étnicos, globais e sedutores esta noite á mostra Corazón de Artesanía e do Deseño de Agolada (Pontevedra). Será o III Encontro de Artesanía Tradicional nos Pendellos de Agolada, cuns 50 […]

Ler máis

Fin a dúas décadas con Berrogüetto

Jul 01, 2014 Sen Comentarios

¿Cantos veráns recordas en concertos de Berrogüetto? ¿Cantas pezas do grupo elixidas como banda sonora para momentos especiais? Despois de 18 anos de vida o conxunto folk, con aires modernos e nomes de disco que invitan a perderse polo cosmos coas súas melodías sempre impecables, o equipo de Anxo, Guillerme, Isaac, Quico, Santiago, Guadi e […]

Ler máis

O Fiadeiro desprende calidade no serán de fin de curso

Jun 29, 2014 Sen Comentarios

Todos os grupos da asociación mostraron o aprendido ao longo do curso pola tarde e, xa de noite, con barra de bebidas varias e pinchos de tortilla e empanada, alumnos, amigos e visitantes de toda Galicia bailaron improvisadamente no salón da Asociación de Veciños de Cabral (Vigo). O XV Serán de O Fiadeiro, gala típica […]

Ler máis

Medalla Castelao para a familia Seivane

Jun 29, 2014 1 Comentario

A familia de artesáns Seivane, con máis de 70 anos de traxectoria elaborando gaitas que vende a todo o mundo, recibiu onte unha das Medallas Castelao que cada ano concede a Xunta a galegos ilustres pola súa obra. O Obradoiro de Gaitas Seivane, ubicado en Cambre (A Coruña), que empezou no seu día Xosé Manuel […]

Ler máis

Muiñeiras, fandangos e txalaparta no Teatro Alcalá de Madrid

Jun 28, 2014 1 Comentario

O acordeonista vasco Kepa Junquera, atrapado polas melodías galegas dende as súas primeiras visitas a Galicia, levou onte ao Nuevo Teatro Alcalá de Madrid o seu novo espectáculo, baseado no disco ‘Galiza’, no que participan máis de 200 músicos galegos e vascos. Mesturando pandeiretas, tamboril e bombo galegos, coa tradicional txalaparta vasca, as muiñeiras e […]

Ler máis

A primeira ‘ópera folk’, de Luar na Lubre, estreouse con máis de 100 músicos

Jun 24, 2014 Sen Comentarios

A primeira ópera folk, creada e interpretada por Luar na Lubre, a banda galega de música celta por excelencia que continúa no primeiro plano da música galega dende 1986, estreouse xusto antes de San Xoán precisamente no Palacio da Ópera de A Coruña. Foron dous días de representación de ‘Torre de Breoghán’, unha megaproducción audiovisual, […]

Ler máis

Folk in Río, cun toque de rock galego, na festa do Ulla

Jun 18, 2014 1 Comentario

Ao ritmo dos bailes entre pequenos e vellos, coñecidos e descoñecidos, que improvisan puntos, tema do que saben moito Os Carunchos, O Folk in Río do Ulla, celebrouse o pasado domingo 15 con máximas que facían suar. A romaría con aire campestre á beira do río, en Touro, chegou este ano á súa sétima edición. […]

Ler máis

Junquera e Díaz, trikitixa e pandeireta a dúo nunha calurosa noite no sur de Galicia

Jun 18, 2014 1 Comentario

A elegancia de pandeireta e voz de Xabier Díaz e a viveza e o virtuosismo de melodías tradicionais sen fronteiras da trikitixa de Kepa Junquera encheron o auditorio de Redondela nun día de calor africano no sur de Galicia. O sábado 14 de xuño, como peche da Rede de Músicas Soltas organizada por A Central […]

Ler máis

Carboeiro abre a tempada de festivais folk de verán

Jun 17, 2014 Sen Comentarios

Cunha comida campestre cubertos por unha grande carpa, pois o día chuvioso non deixou outra opción, e empanada para repostar durante a tarde e a noite, a XV edición dos Encontros de Música Tradicional do Mosteiro de Carboeiro, en Silleda, abriu de novo a tempada de verán de romarías folk de Galicia, como cada primeira fin […]

Ler máis